CONTACONTOS: "PLACA PLACA RAPAZIÑA"



GUIÓN:



ESCENA 1 

PLANO 1 (Plano Xeneral)

Era unha vez unha rapaza, chamada Emma, que vivía nunha casa nas aforas do pobo. 

PLANO 2 (Plano Xeneral)

Un día, a rapaza recibiu unha invitación da FGR (Federación Galega de Rugby) para ir xogar un torneo durante todo un día. A rapaza púxose tan contenta que botou a andar axiña para non chegar tarde. O cabo dun pouco atopou un rapaz moi gordo:





ESCENA 2 


PLANO 3 (Plano Xeneral)

-RAPAZ GORDO: Rapaza, dame todo o que leves encima!!

-EMMA: Non me quites as miñas cousas!!

-EMMA: Vou de camiño a un torneo e… cando volva…traerei moitas máis cousas!!




ESCENA 3


PLANO 4 (Plano Xeneral)

O rapaz tiña moitas ganas de ter a sudadera da FGR, polo que a deixou ir…

-RAPAZ GORDO: Pois vai, que cando volvas, quedareime con todo o que traias!!






ESCENA 4


PLANO 5 (Plano Xeral)

Algo máis adiante a rapaza atopou un rapaz moi alto:

-RAPAZ ALTO: Rapaza, dame todo o que leves encima!!

-EMMA: Non me quites as miñas cousas!!

-EMMA: Vou de camiño a un torneo e… cando volva…traerei moitas máis cousas!!



ESCENA 5



PLANO 6 (Plano Xeneral)

O rapaz pensou que a rapaza á volta traería a equipación dos All Blacks e deixouna marchar…

- RAPAZ ALTO: Pois vai, que cando volvas, quedareime con todo o que traias!!




ESCENA 6



PLANO 7 (Plano Xeral)

Xa case ao final do camiño, topou cun rapaz moi forte:

-RAPAZ FORTE: Rapaza, dame todo o que leves encima!!

-EMMA: Non me quites as miñas cousas!!

-EMMA: Vou de camiño a un torneo e… cando volva…traerei moitas máis cousas!!



ESCENA 7 

PLANO 8 (Plano Xeneral, cada un vaise polo seu camiño)

O rapaz pensou que a rapaza traería un balón de rugby firmado e deixouna ir...

- RAPAZ ALTO: Pois vai, que cando volvas, quedareime con todo o que traias!!


ESCENA 8


PLANO 9 (Plano Xeneral)

A rapaza chegou ao torneo e, asustada, contoulle a Elsa, a sua entrenadora da Federación Galega de Rugby, o que pasara:
 
PLANO 10 (Plano Xeneral)

-ELSA: Iso ten solución!

-EMMA: Cal?

-ELSA: Aprender a placar a persoas con características superiores a ti.




ESCENA 9


PLANO 10 (Plano Xeral)

Á noite, despois do torneo, cando chegou a hora de volver a casa, a rapaza lembrou os tres rapaces que estaban agardando no camiño e mercou unha chichonera para enfrontalos.




ESCENA 10


PLANO 11 (Plano Xeral)

Ao pouco de empezar o camiño de volta, pasou por onde estaba o rapaz moi forte:

-RAPAZ FORTE: Rapaza, que foi o que mercaches?

-EMMA: Nada que che daría a ti!




ESCENA 11

PLANO 12 (Plano Xeneral)

A rapaza placouno e seguiu o seu camiño.




ESCENA 12


PLANO 13 (Plano Xeneral)

Máis adiante estaba o rapaz moi alto:

-RAPAZ ALTO: Rapaza, que foi o que mercaches?

-EMMA: Nada que che daría a ti!




ESCENA 13

PLANO 14 (Plano Xeneral)

Este tamén acabou placado e a rapaza prosigueu o seu camiño.




ESCENA 14


PLANO 15 (Plano Xeneral)

Xa case chegando á casa, estaba o rapaz moi gordo esperando o seu agasallo:

-RAPAZ GORDO:  Rapaza, que foi o que mercaches?

-EMMA: Nada que che daría a ti!




ESCENA 15


PLANO 16 (Plano Xeneral)

Non cabe duda de que a este último tamén o placou e a rapaza continuou o seu camiño.




ESCENA 16

PLANO 17 (Plano Xeneral)

Finalmente, a rapaza por fin chegou á casa, moi cansa, pero  feliz por superar o seu maior medo: enfrontarse a xente superior a ela



MEDIOS MATERIAIS 

Para a posta en práctica da adaptación do conto "Corre corre cabaciña" utilizaremos o seguinte: unha folla para a simulación da invitación, un rotulador negro para escribir a mensaxe, catro calcetíns mais unha media deportiva para os personaxes e a cámara do teléfono móbil para a grabación en si.



RECURSOS DE POSTA EN ESCENA

- Maquillaxe de personaxes: ningún dos personaxes necesitará da maquillaxe nin nada polo estilo.

- Vestiario: 
                        
            EMMA                                                                                               CHICHONERA

                                                                                                      











   
   RAPAZ FORTE                                                                                            RAPAZ ALTO
                                                                                                                                                                                               
        








   RAPAZ GORDO                                                                                               ELSA   













                                                                        
- Escenario: o escenario deste conto será unha mesa cunha parede libre detrás.

- Luces: luz natural.

- Audio: entrada de audio no teléfono móbil.



VIDEO DA EXECUCIÓN PRÁCTICA 











Comentarios

Entradas populares